martes, 3 de noviembre de 2020
martes, 29 de septiembre de 2020
Elección de delegado da clase.
DELEGADO/A DE GRUPO E XUNTA DE DELEGADOS/AS DE ALUMNOS/AS
- Delegado/a de grupo.
- Cada grupo de estudiantes elixirá, por sufraxio directo e secreto, durante o primeiro mes do curso escolar, un/a delegado/a de grupo, que formará parte da Xunta de Delegados/as. Elixirase tamén un/a subdelegado/a, que substituirá ao/á delegado/a en caso de ausencia ou enfermidade e o/a apoiará nas súas funcións.
- As eleccións de delegados/as serán organizadas e convocadas polo/a Xefe/a de Estudios, en colaboración cos titores/as dos grupos e os representantes do alumnado no Consello Escolar.
- Os/As delegados/as e subdelegados/as poderán ser revocados, previo informe razoado dirixido ao/á titor/a, pola maioría absoluta do alumnado que os elixiu. Neste caso procederase á convocatoria de novas eleccións, nun prazo de quince días e de acordo co establecido no apartado anterior.
- Os/As delegados/as e subdelegados/as poderán renunciar aos seus cargos, previo informe razoado á clase e ao/á titor/a, nos seguintes casos: problemas persoais, non ter o suficiente apoio por parte da clase ou causar baixa no centro.
- Os/As delegados/as non poderán ser sancionados polo exercicio das súas funcións que se describen a continuación.
- Os/As delegados/as e subdelegados/as poderán ser destituidos polo/a Director/a a proposta do/a Xefe/a de Estudios, cando a súa conduta sexa contraria ás normas de convivencia do centro.
- Funcións dos/as delegados/as de grupo:
- Asistir ás reunións da Xunta de Delegados/as e participar nas súas deliberacións.
- Expoñer aos órganos de goberno e de coordinación didáctica as suxerencias e reclamacións do grupo ao que representan.
- Fomentar a convivencia entre o alumnado do seu grupo.
- Colaborar co/a titor/a e coa Xunta de profesores/as do grupo nos temas que afecten ao funcionamento de este.
- Colaborar co profesorado e cos órganos de goberno do instituto para o bo funcionamento do mesmo.
- Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do instituto.
- Todas aquelas funcións que estableza o Regulamento de Réxime Interior.
- Xunta de Delegados/as de alumnos/as.
- Existirá unha Xunta de Delegados/as integrada polos representantes do alumnado dos distintos grupos e polos representantes do alumnado no Consello Escolar.
- A Xunta de Delegados/as poderá reunirse en pleno ou, cando a natureza dos problemas o faga máis conveniente, en comisións, e en todo caso farao antes e despois de cada unha das reunións que celebre o Consello Escolar.
- O/A Xefe/a de Estudios facilitará á Xunta de Delegados/as un espazo adecuado para que poida celebrar as súas reunións e os medios materiais necesarios para o seu correcto funcionamento.
- Os membros da Xunta de Delegados/as, en exercicio das súas funcións, terán dereito a coñecer e consultar as actas das sesións do Consello Escolar, e calquera outra documentación administrativa do instituto, agás aquela que coa súa difusión poidese afectar ao dereito á intimidade das persoas.
- Funcións da Xunta de Delegados/as:
- Elevar ao Equipo Directivo propostas para a elaboración do Proxecto Educativo do instituto e a Programación Xeral Anual.
- Informar aos representantes do alumnado no Consello Escolar dos problemas de cada grupo ou curso.
- Recibir información dos representantes do alumnado en dito Consello dos temas tratados no mesmo, e das confederacións, federacións estudiantís e organizacións xuvenís legalmente constituídas.
- Elaborar informes para o Consello Escolar a iniciativa propia ou a petición de este.
- Elaborar propostas de modificación do Regulamento de Réxime Interior, dentro do ámbito da súa competencia.
- Informar ao alumnado das actividades de dita Xunta.
- Formular propostas de criterios para a elaboración dos horarios de actividades docentes e extraescolares.
- Debatir os asuntos que vaia tratar o Consello Escolar no ámbito da súa competencia e elevar propostas de resolución aos seus representantes no mesmo.
- Cando o solicite, a Xunta de Delegados/as, en pleno ou en comisión, deberá ser oída polos órganos de goberno do instituto, nos asuntos que, pola súa natureza, requiran a súa audiencia e, especialmente no referente a:
- Celebración de probas e exames.
- Establecemento e desenvolvemento de actividades culturais, recreativas e deportivas no instituto.
- Presentación de reclamaciones nos casos de abandono ou incumprimento das tarefas educativas por parte do instituto.
- Alegacións e reclamacións sobre a obxectividade e eficacia na valoración do rendemento académico do alumnado.
- Proposta de sancións ao alumnado pola comisión de faltas que leven aparellada a incoación de expediente.
- Outras actuacións e decisións que afecten de modo específico ao alumnado.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)