martes, 29 de septiembre de 2020

Elección de delegado da clase.

 DELEGADO/A DE GRUPO E XUNTA DE DELEGADOS/AS DE ALUMNOS/AS

  1. Delegado/a de grupo.
    • Cada grupo de estudiantes elixirá, por sufraxio directo e secreto, durante o primeiro mes do curso escolar, un/a delegado/a de grupo, que formará parte da Xunta de Delegados/as. Elixirase tamén un/a subdelegado/a, que substituirá ao/á delegado/a en caso de ausencia ou enfermidade e o/a apoiará nas súas funcións.
    • As eleccións de delegados/as serán organizadas e convocadas polo/a Xefe/a de Estudios, en colaboración cos titores/as dos grupos e os representantes do alumnado no Consello Escolar.
    • Os/As delegados/as e subdelegados/as poderán ser revocados, previo informe razoado dirixido ao/á titor/a, pola maioría absoluta do alumnado que os elixiu. Neste caso procederase á convocatoria de novas eleccións, nun prazo de quince días e de acordo co establecido no apartado anterior.
    • Os/As delegados/as e subdelegados/as poderán renunciar aos seus cargos, previo informe razoado á clase e ao/á titor/a, nos seguintes casos: problemas persoais, non ter o suficiente apoio por parte da clase ou causar baixa no centro.
    • Os/As delegados/as non poderán ser sancionados polo exercicio das súas funcións que se describen a continuación.
    • Os/As delegados/as e subdelegados/as poderán ser destituidos polo/a Director/a a proposta do/a Xefe/a de Estudios, cando a súa conduta sexa contraria ás normas de convivencia do centro.
    • Funcións dos/as delegados/as de grupo:
      • Asistir ás reunións da Xunta de Delegados/as e participar nas súas deliberacións.
      • Expoñer aos órganos de goberno e de coordinación didáctica as suxerencias e reclamacións do grupo ao que representan.
      • Fomentar a convivencia entre o alumnado do seu grupo.
      • Colaborar co/a titor/a e coa Xunta de profesores/as do grupo nos temas que afecten ao funcionamento de este.
      • Colaborar co profesorado e cos órganos de goberno do instituto para o bo funcionamento do mesmo.
      • Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións do instituto.
      • Todas aquelas funcións que estableza o Regulamento de Réxime Interior.
  2. Xunta de Delegados/as de alumnos/as.
    • Existirá unha Xunta de Delegados/as integrada polos representantes do alumnado dos distintos grupos e polos representantes do alumnado no Consello Escolar.
    • A Xunta de Delegados/as poderá reunirse en pleno ou, cando a natureza dos problemas o faga máis conveniente, en comisións, e en todo caso farao antes e despois de cada unha das reunións que celebre o Consello Escolar.
    • O/A Xefe/a de Estudios facilitará á Xunta de Delegados/as un espazo adecuado para que poida celebrar as súas reunións e os medios materiais necesarios para o seu correcto funcionamento.
    • Os membros da Xunta de Delegados/as, en exercicio das súas funcións, terán dereito a coñecer e consultar as actas das sesións do Consello Escolar, e calquera outra documentación administrativa do instituto, agás aquela que coa súa difusión poidese afectar ao dereito á intimidade das persoas.
    • Funcións da Xunta de Delegados/as:
      • Elevar ao Equipo Directivo propostas para a elaboración do Proxecto Educativo do instituto e a Programación Xeral Anual.
      • Informar aos representantes do alumnado no Consello Escolar dos problemas de cada grupo ou curso.
      • Recibir información dos representantes do alumnado en dito Consello dos temas tratados no mesmo, e das confederacións, federacións estudiantís e organizacións xuvenís legalmente constituídas.
      • Elaborar informes para o Consello Escolar a iniciativa propia ou a petición de este.
      • Elaborar propostas de modificación do Regulamento de Réxime Interior, dentro do ámbito da súa competencia.
      • Informar ao alumnado das actividades de dita Xunta.
      • Formular propostas de criterios para a elaboración dos horarios de actividades docentes e extraescolares.
      • Debatir os asuntos que vaia tratar o Consello Escolar no ámbito da súa competencia e elevar propostas de resolución aos seus representantes no mesmo.
    • Cando o solicite, a Xunta de Delegados/as, en pleno ou en comisión, deberá ser oída polos órganos de goberno do instituto, nos asuntos que, pola súa natureza, requiran a súa audiencia e, especialmente no referente a:
      • Celebración de probas e exames.
      • Establecemento e desenvolvemento de actividades culturais, recreativas e deportivas no instituto.
      • Presentación de reclamaciones nos casos de abandono ou incumprimento das tarefas educativas por parte do instituto.
      • Alegacións e reclamacións sobre a obxectividade e eficacia na valoración do rendemento académico do alumnado.
      • Proposta de sancións ao alumnado pola comisión de faltas que leven aparellada a incoación de expediente.
      • Outras actuacións e decisións que afecten de modo específico ao alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario